Sobre nós

O noso equipo de expertos ofrece asesoramento personalizado enfocado en alcanzar as túas metas.

O noso proxecto

Quen somos

Somos unha asesoría con máis de 60 anos de experiencia

A actuación profesional de DE LA TORRE ASESORES baséase na aplicación do COÑECEMENTO e EXPERIENCIA de máis de 60 anos baixo criterios de responsabilidade, seguridade e empatía na solución das necesidades do cliente nunha aposta continuada pola modernización e actualización, impulsando a dixitalización, formación, captación de talento e diversificación na oferta de servizos en tempos de transformación e cambio. Disponse na actualidade de unhas instalacións de máis de 600 metros cadrados no centro de Santiago de Compostela.

Person Holding Apple Magic Mouse

Corporativo

DE LA TORRE ASESORES, como entidade ou a través dos seus profesionais, forma parte de distintos Colexios e Asociacións Profesionais (Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Asociación Española de Asesores Fiscais…)

DE LA TORRE ASESORES mantén CONVENIOS DE COLABORACIÓN con diversos despachos de avogados, consultoras especializadas de ámbito nacional (propiedade industrial, fondos Next Generation, etc.), empresas de Protección de Datos, Prevención de riscos laborais, etc.

Person Holding Pen and Notebook

Especialistas

Conta con máis de 30 profesionais, maioritariamente titulados con grao universitario (grao en Dereito, ADE, Relacións Laborais, avogados, economistas, etc.), especializados nas distintas áreas, onde se xuntan a EXPERIENCIA, CONOCEMENTOS E “KNOW-HOW” que proporciona a traxectoria de máis de 60 anos de DE LA TORRE ASESORES como asesoría de referencia en Santiago de Compostela, xunto ao compromiso de INNOVACIÓN dun equipo en permanente proceso de formación, actualización e especialización, para abranguer as novidades nos distintos ámbitos, con cursos ou xornadas que se realizan tanto no espazo de formación propio como no ámbito externo organizados polas Administracións públicas (Axencia Tributaria, Inspección de Traballo…), colexios profesionais ou entidades ou despachos de recoñecido prestixio (Foro Aranzadi…)


A nosa historia

Os comezos

DE LA TORRE ASESORES inicia a súa actividade en 1959 cando MANUEL DE LA TORRE SOUTO comeza en Santiago a súa andaina profesional como xestor administrativo e axente de seguros, e máis adiante tamén no sector de academia de condutores con AUTOESCUELA DE LA TORRE, proxecto que foi medrando no seu equipo de traballo, clientes, servizos e dimensión das súas instalacións.

No seu exercicio profesional destacou polo apoio e afecto de traballadores, clientes e colaboradores, así como polo respecto e consideración das diferentes administracións públicas e organismos oficiais ata a súa xubilación tras máis de 40 anos de actividade, marcando este legado o camiño a seguir pola segunda xeración.

Colaboración profesional

Póñase en contacto connosco se na súa actividade existe a posibilidade de establecer sinerxias e colaboración para o desenvolvemento mutuo do noso ámbito de actuación en beneficio do cliente.